21/12/18

FESTIVAL DE NADAL

E xa chegamos ao final do 1º trimestre, todo estaba preparado para o gran día!.
O alumnado de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Cristina Freán, prepararon unha dramatización moi especial do conto "O Apalpador e o arco da vella".
Tamén cantamos as panxoliñas que preparamos para este Nadal na Aula de Música.
Tivemos a visita especial do noso particular Apalpador e por último disfrutamos  dunha pequena sesión de cine nas diferentes aulas. Foi un día moi especial!

16/12/18

Concerto na Igrexa de Celeiro

O coro do colexio foi invitado a cantar na Igrexa Parroquial de Celeiro o domingo, 16 de decembro. Cantaron para as familias e veciños un programa cheo de vilancicos, panxoliñas e cancións e Nadal.
Difrutaron moito e foron moi aplaudidos polo numeroso público que asistiu a este pequeno concerto.


14/12/18

Actividades especiais do colexio

O coro do colexio participou na tarde de onte no Mercado Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI de Viveiro, tamén donamos lotes de tarxetas de Nadal feitas polo noso alumnado.
Foi unha tarde entrañable en familia; as nenas e nenos cantaron para os residentes que os escoitaron con moita atención e foron moi aplaudidos.
Tamén queremos publicar o vídeo da panxoliña inédita deste Nadal "Alo no Portal", con imaxes relacionadas coa ambientación do colexio. Con este vídeo participamos no concurso da CRTVG "A Canción do Nadal 2018".

4/12/18

ACTUACIÓNS DO CORO DO COLEXIO


Preparando o Festival de Nadal

Xa estamos a preparar o gran Festival de Nadal que celebraremos todo xuntos o venres, 21 de decembro; estará cheo de panxoliñas e vilancicos, así como a xa tradicional dramatización do alumnado de 6º de Infantil.

3/12/18

Apadriñamento Lector da aula de Música

Hoxe, o alumnado de 4º curso de Primaria, presentou o Apadriñamento Lector que estiveron preparando estas semanas. Prepararon os textos, a indumentaria, o atrezzo, decorados...
A obra elixida nesta ocasión foi o abra musical 
"Nun mercado persa" 
de Albert William Ketèlby.

É unha pequena composición escrita en 1920 onde  Ketèlbey tenta describir musicalmente o ambiente dun mercado de Bagdad.

A música describe sucesivamente:
  •     A chegada dos  camelleros e o paso  majestuoso das súas monturas.
  •     O canto dos esmoleiros.
  •     A chegada da Princesa.
  •     Os malabaristas e os encantadores de serpes.
  •     O paso solemne do Califa visitando o mercado.
  •     De novo o canto dos esmoleiros, a melodía da princesa e a caravana dos  camelleros afastándose, simbolizando o final do mercado no crepúsculo.

26/11/18

PANXOLIÑAS para este NADAL

CLICA NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DAS CANCIÓN E 
PANXOLIÑAS PARA ESTE NADAL
https://sites.google.com/site/nadal2015pedrosalatas/home/nadal-2018

8/11/18

Para traballar os Dereitos da Infancia na aula de música

Para traballar o Día dos Dereitos da Infancia podemos repasar moitas das cancións que xa traballamos en cursos anteriores. Atopámolas na páxina seguinte:

CLICA NA IMAXE

https://sites.google.com/site/cancionscurso20182019/dereitos-da-infancia

25/10/18

Cantamos polo SAMAÍN

NESTA PÁXINA ATOPAMOS CANCIÓNS E VÍDEOS PARA O SAMAÍN

https://sites.google.com/site/cancionscurso20182019/samain

23/10/18

Vídeos conmemorativos para o DÍA DA BIBLIOTECA

POEMA "O RATO DE BIBLIOTECA" CON LINGUAXE DE SIGNOS
ALUMNADO DE 6º CURSO

POEMA "O MAGOSTO" CON PICTOGRAMAS
ALUMNADO DE 5º CURSO

POEMA "OUTONO" CON DEBUXOS
ALUMNADO DE 4º CURSO

8/10/18

O rato de Biblioteca

Este curso volvemos a traballar a canción O RATO DE BIBLIOTECA pois o autor do poema, Xoán Neira, vainos visitar o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro).


26/9/18

Canción do OUTONO

Comezamos aprendendo unha fermosa canción do OUTONO. Pertence a un poema do poeta Xoán Neira e foi musicada por Manuel Rodríguez.
No seguiente vídeo podemos escoitar ao coro do colexio cantando na festa do magosto no ano 2009.


5/6/18

Pequenas Improvisacións

O alumnado de 6º curso na Aula de Educación Musical, rematando xa o curso e o seu paso polo colexio, déixannos unhas pequenas improvisacións nos xilófonos.
Este vídeo vai adicado a todos eles como pequeno recordo da clase de Música.
A vosa profesora deséxavos moitos éxitos na vosa nova etapa da Educación Secundaria. Seguide sendo uns bos alumnos e alumnas, así vos recordarei eu. MOITA SORTE!!!


16/5/18

Celebramos as LETRAS GALEGAS 2018

Bailando, tocando e cantando celebramos as nosas LETRAS GALEGAS o mércores, 16 e maio, todos xuntos no Salón de Actos.

10/5/18

TRABALLOS DE FINAL DE CURSO

No seguinte enlace podemos ver algunhas gravacións que con motivo da celebración das LETRAS GALEGAS facemos na Aula de Música

3/5/18

ROMANCE: Un ben... con outro ben

Este curso o alumnado de 3º curso, xunto coa súa titora Xulia Calvo, traballaron a obra de Teatro Escolar "Un ben... con outro ben" da autora Anisia Miranda.
Primeiramente fixeron diferentes grupos e realizaron unha lectura dramatizada nos cursos de 2º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Pero para presentala aos compañeiros de Infantil e 1º curso fixeron unha dramatización no teatro do colexio, na mañá do xoves 3 de maio.
Ademais da dramatización prepararon na aula de música un Romance baseado na obra e que cantaron ao final da representación. A letra e a música preparouna o profesora de Educación Musical: Marta Pérez.
Fixéronno moi ben! e recibiron moitos aplausos!
 
 

30/4/18

Día Mundial da Danza

O Día Mundial da Danza, celébrase o 29 de abril.
Busca celebrar a universalidade desa arte, atravesando todas as barreiras políticas, culturais e étnicas. 
Celébrase desde 1982, por iniciativa do CID-UNESCO. A data elixida, coincide coa data do nacemento de Jean-Georges Noverre (1727-1810), creador do Ballet Moderno.

Na aula de música aprendemos diferentes danzas populares do mundo.
Aos máis pequenos gústalles a "Danza do Zapateiro".
É unha danza popular de Dinamarca, báilase en parellas e ten tres pasos diferentes: cosemos, clavamos e bailamos.

No seguinte vídeo podemos ver ao alumnado de 5º e 6º de Infantil.

28/2/18

Cancións para coro da MICRORREDE

CLICA NAS IMAXES

Coro Maiores
Coro Pequenos
https://sites.google.com/site/aulademusica1718/home/cancions-maios

9/2/18

DÍA DE ROSALÍA

Na aula de educación musical este curso imos preparar a canción ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES; tamén repasaremos HAS DE CANTAR E PASA RÍO.

 CLICA NA IMAXE
https://sites.google.com/site/aulademusica1718/dia-de-rosalia



29/1/18

CANCIÓNS PARA O ENTROIDO 2018

Este ano o noso Proxecto Documental é Viveiro, o noso Concello, por iso ímonos centrar no Entroido propio de Viveiro e en especial no Enterro da Sardiña.
Preparamos unhas cancións especiais para cantar todos xuntos o xoves, 15 de febreiro.

CLICA NA IMAXE
https://sites.google.com/site/aulademusica1718/home/entroido

8/1/18

CANCIÓNS PARA O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Este curso imos aprender cancións de diferentes países do mundo:
  • EPO I TAI TAI É (Canción Maorí), é unha canción de amor proveniente de Nova Zelandia.
  • ANIKUNI (Canción dos indios americanos) é unha canción que ten a súa orixe na cultura dos indios canadenses, trátase da canción que acompaña á danza do lume das devanditas tribos.
  • ERAM SAM SAM (Canción Marroquí)
  • SOMOS O MUNDO: « We Are the World» é unha canción escrita por Michael Jackson e Lionel Richie en 1985, producida por Quincy Jones e gravada por un gran grupo de músicos famosos formado especialmente para a ocasión que se denominou USA for Africa ( United Support of Artists for Africa). Os beneficios obtidos pola canción foron doados a unha campaña humanitaria para tentar acabar coa tremenda fame negra en Etiopía.
Na seguinte páxina atopamos as músicas e letras das mesmas
Clica na imaxe

VÍDEO DA CELEBRACIÓN 
 

7/1/18

Recordando as nosas cancións no Día da Paz