20/11/15

A túa Banda vai ao cole

O martes,17 de novembro, tivemos a oportunidade de contar no noso colexio cunha sección da BANDA DE MÚSICA de Viveiro. Ensináronnos os diferentes instrumentos dos que se compón unha Banda de Música, as súas características, os seus sons... Interpretaron varios temas musicais e poidemos probar os diferentes instrumentos.
Tamén nos invitaron a coñecer as instalacións onde ensaian e alí coñecer todo o que se pode facer pertencendo á Banda de Música.
O vindeiro sábado, 21 de novembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro farán o Concerto Tradicional de Santa Cecilia (22 de novembro) que é a patrona dos músicos.