21/12/14

ACTO DE NADAL

Hoxe foi un gran día!!!.
O Coro do Colexio actuou na Igrexa de Celeiro para todas as familias dos nenos e nenas que participan este curso no Coro.
Foi unha actuación estupenda pois tocamos e cantamos as Panxoliñas que preparamos neste 1º trimestre. Recibimos moitos aplausos e dixéronnos que lles gustou moito o noso repertorio de Nadal.
Podemos ver o vídeo que recolle a actuación.




3/12/14

Actuación do Coro do Colexio

O Coro do colexio vai actuar o domingo, 21 de decembro, a partir das 12:30 horas, na Igrexa de Celeiro.
A actuación formará parte dun acto no que se entregarán os premios dos Certames de Postais e Poesías do Nadal que convocan tanto o Grupo de Catequese como a asociación de Pais /Nais do colexio.

A continuación podemos ver o Programa do Acto: