29/5/14

Que fermoso día!!!

Despois de moitos ensaios, de moito traballo e esforzo, chegou o gran día que
 todos os nenos e nenas estabades esperando:
O FESTIVAL PARA AS FAMILIAS

O mércores, 28 de maio, na Casa do Forno, actuamos para as nosas familias e amigos. Foi unha moi boa actuación, todo saiu moi ben, incluidas as sorpresas!!!
Presentaron os alumnos e alumnas de 6º curso, tocamos coas frautas doces e o piano, cantamos moitas cancións e rematamos facendo entrega dos diplomas de participación nesta actividade.
Nos  seguintes vídeos podemos ver as actuacións.
A profesora Marta quere felicitarvos e decirvos que foi un curso estupendo e que estou moi contenta pola actuación deste día; estivéchedes todos moi atentos e con moitas ganas. GRACIAS!!!



26/5/14

Actuación do coro do colexio

O mércores, 28 de maio, ás 19:30 horas, na CASA DO FORNO, vai actuar o coro do colexio como peche da actividade extraescolar na que moitos nenos e nenas, dende 3º a 6º curso, participaron durante este curso 2013-2014.
A este acto están invitados as familias e todos aqueles que desexen compartir uns momentos musicais...

17/5/14

Actuación en Viveiro

O venres, 16 de maio, o Coro do Colexio actuou na clausura da Exposición en Viveiro "De aqueles contos...a novos finais, xunto co coro do CEP Lois Tobío.
O seu programa consistiu en cancións basadas nos contos populares.
Noraboa polo ben que o fixeron!!!