21/12/14

ACTO DE NADAL

Hoxe foi un gran día!!!.
O Coro do Colexio actuou na Igrexa de Celeiro para todas as familias dos nenos e nenas que participan este curso no Coro.
Foi unha actuación estupenda pois tocamos e cantamos as Panxoliñas que preparamos neste 1º trimestre. Recibimos moitos aplausos e dixéronnos que lles gustou moito o noso repertorio de Nadal.
Podemos ver o vídeo que recolle a actuación.




3/12/14

Actuación do Coro do Colexio

O Coro do colexio vai actuar o domingo, 21 de decembro, a partir das 12:30 horas, na Igrexa de Celeiro.
A actuación formará parte dun acto no que se entregarán os premios dos Certames de Postais e Poesías do Nadal que convocan tanto o Grupo de Catequese como a asociación de Pais /Nais do colexio.

A continuación podemos ver o Programa do Acto:




24/11/14

Preparando o Nadal

Dentro de  poucas semanas xa entramos nas festas do Nadal.
Para ir preparando as Panxoliñas deste ano imos recuperar TAN TARAN TAN,  
que cantou o Coro do colexio no ano 1998.
Imoslle cambiar un pouquiño a letra. 


18/11/14

Celebramos o Día dos Dereitos dos Nen@s

Para celebrar este día tan especial, nas clases de música preparamos a canción TODO NATURAL de 
Mamá Cabra, que nos fala de como temos que comer... 

29/10/14

Para celebrar o Samaín

Para celebrar o Samaín os alumnos e alumnas de 6º curso prepararon a canción "O Samaín".
O mércores, 29 de outubro fixemos a gravación en vídeo na Bibliosoños e quedou así de ben. 


7/10/14

Primeiros ensaios!!!

Hoxe comezamos os ensaios de CORO e TEATRO cos nosos profesores Marta e Vicente.
Traballaremos moito para poder facer unhas actuacións estupendas coma todos os anos.

1/10/14

Comezo da actividade extraescolar de CORO

Este curso as clases de CORO serán os luns, de 16:30 a 17:30 horas.
Daremos comezo o vindeiro luns, 6 de outubro.
A lista dos alumnos e alumnas inscritos podemos vela na seguinte presentación

29/5/14

Que fermoso día!!!

Despois de moitos ensaios, de moito traballo e esforzo, chegou o gran día que
 todos os nenos e nenas estabades esperando:
O FESTIVAL PARA AS FAMILIAS

O mércores, 28 de maio, na Casa do Forno, actuamos para as nosas familias e amigos. Foi unha moi boa actuación, todo saiu moi ben, incluidas as sorpresas!!!
Presentaron os alumnos e alumnas de 6º curso, tocamos coas frautas doces e o piano, cantamos moitas cancións e rematamos facendo entrega dos diplomas de participación nesta actividade.
Nos  seguintes vídeos podemos ver as actuacións.
A profesora Marta quere felicitarvos e decirvos que foi un curso estupendo e que estou moi contenta pola actuación deste día; estivéchedes todos moi atentos e con moitas ganas. GRACIAS!!!



26/5/14

Actuación do coro do colexio

O mércores, 28 de maio, ás 19:30 horas, na CASA DO FORNO, vai actuar o coro do colexio como peche da actividade extraescolar na que moitos nenos e nenas, dende 3º a 6º curso, participaron durante este curso 2013-2014.
A este acto están invitados as familias e todos aqueles que desexen compartir uns momentos musicais...

17/5/14

Actuación en Viveiro

O venres, 16 de maio, o Coro do Colexio actuou na clausura da Exposición en Viveiro "De aqueles contos...a novos finais, xunto co coro do CEP Lois Tobío.
O seu programa consistiu en cancións basadas nos contos populares.
Noraboa polo ben que o fixeron!!!

4/4/14

Cancións dos Contos Populares

Dentro do proxecto da Biblioteca Escolar imos traballar os CONTOS CLÁSICOS, por iso nas clases de Música imos complementar esta actividade con Cancións que podemos ver nos vídeos que aparecen 

24/2/14

Canción para o Proxecto Ríos


11/2/14

CANCIÓNS PARA O ENTROIDO

CLICA NA IMAXE E ATOPARÁS MOITAS CANCIÓNS PARA ESTE ENTROIDO


https://sites.google.com/site/todasasestacionsdoano/inverno-invierno-winter/cancions-para-o-entroido

21/1/14

Canción para o Día da Paz

Os alumnos e alumnas de 6º curso cantan e bailan a canción elexida para conmemorar o "Día da Paz e Non Violencia": SIYAHAMBA.

1/1/14

Actuación na Igrexa de Celeiro

O domingo, 29 de decembro do 2013, fumos invitados a actuar no Día da Familia á Igrexa Parroquial de Celeiro.