22/11/13

Santa Cecilia, patroa da MÚSICA

 Tumba de Santa Cecilia

Hoxe 22 de novembro é o día de Santa Cecilia, virxe e mártir, patroa da música.

Un pouco de Historia:

En 1736, Haendel (1685-1759) dedícalle a "Oda para o Día de Santa Cecilia" apenas catro anos antes de compoñer "O Mesías". Charles Gounod (1818-1893) compón unha "Messe Solennelle de Sainte Cécile". Benjamin Britten (1913-1976), nacido por certo o día de Santa Cecilia, componlle o "Himno ao Día de Santa Cecilia". O español Salvador Giner (1832-1911) dedícalle así mesmo un "Himno Pregaria a Santa Cecilia".

Curiosamente, o día de Santa Cecilia nace o gran compositor español Joaquín Rodrigo (1901-1999), por certo cego dende os tres anos, como dos cegos din algúns é tamén patroa Santa Cecilia, -en xeral tense por patroa dos cegos a Santa Lucía de Siracusa-, cuxo nome non significa de feito outra cousa que precisamente "cieguecita".

En honor a Santa Cecilia, un importante movemento de renovación da música sacra católica de finais do s. XIX recibe o nome de "cecilianismo".

Dito todo o cal, e como é doado comprender, en honor a Santa Cecilia é hoxe tamén o Día internacional dos músicos, que nos dan un motivo máis para gozar da vida e nos achegan o ceo á terra, razóns sobradas para de todo corazón, felicitar dende aquí a cantos dun xeito ou outra, dedican a súa vida ou parte dela á música.

Hoxe tamén poderemos disfrutar no Conservatorio de Música de Viveiro, dun concerto de Clarinete e Piano a cargo de Pedro Rodríguez Pérez (exalumno do noso colexio) e Eloísa Pérez Lage (profesora do Conservatorio).

20/11/13

No día dos Dereitos dos Nen@s

Na Bibliosoños estamos de celebración pois hoxe é 20 de novembro, Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Preparamos unhas actividades especiais para os alumnos e alumnas de Infantil e tamén para o 1º ciclo de Primaria, nas que repasamos os  Dereitos e tamén falamos dos nosos Deberes.
Aprendimos moito! e para rematar a sesión cantamos todos xuntos a Canción dos Dereitos.