24/10/13

Drilo, o crocodilo

Esta é a canción que preparamos este curso para celebrar o Día da Biblioteca; como estamos a traballar O ANTIGO EXIPTO, esta foi a canción que máis nos gustou e a máis apropiada.
Aprendímola todos os cursos e cando chegou o día de pasar pola Bibliosoños, para as actividades que nos prepararon por ser un día especial, ao rematar as mesmas cantamos a canción: DRILO, O CROCODILO.

O coro do colexio

Este novo curso que comeza tamén imos a formar un coro entre os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º curso.
No mes de outubro comezamos os ensaios para preparar as cancións que imos a tocar e cantar no  festival de Nadal.