22/11/11

Escolma de Panxoliñas

Con motivo da celebración do Dia dos Músicos fixen este recompilación das Panxoliñas que leva interpretado o Coro do colexio ao longo destes anos.
Son partituras de cancións tradicionais-populares e tamén panxoliñas inéditas que se presentaron ao Certame de Panxoliñas e Outros Cantos de Nadal.

Santa Cecilia



Cecilia de Roma, coñecida como santa Cecilia (en latín sancta Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo, que -segundo a tradición- foi martirizada pola súa fe entre o ano 180 e 230.

A Igrexa católica e a Ortodoxa conmemoran a súa morte o 22 de novembro.

Na Igrexa católica é patroa da música, dos poetas, dos cegos (como santa Lucía de Siracusa) e das cidades de Albi (Francia) , Omaha (estado de Nebraska, EE. UU.) e Mar da Prata (Arxentina).

Os seus atributos son o órgano, o laúde e as rosas.

En honra a ela, un importante movemento de renovación da música sacra católica de finais do século XIX recibiu o nome de cecilianismo.

Nestas datas en todos os pobos, vilas e cidades, celébranse concertos onde as bandas Municipais, Corais Polifónicas e outras agrupacións musicais, adquiren gran relevancia.
Se temos oportunidade temos que acudir a estes concertos.