19/12/11

Para cantar todos xuntos...


15/12/11

22/11/11

Escolma de Panxoliñas

Con motivo da celebración do Dia dos Músicos fixen este recompilación das Panxoliñas que leva interpretado o Coro do colexio ao longo destes anos.
Son partituras de cancións tradicionais-populares e tamén panxoliñas inéditas que se presentaron ao Certame de Panxoliñas e Outros Cantos de Nadal.

Santa Cecilia



Cecilia de Roma, coñecida como santa Cecilia (en latín sancta Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo, que -segundo a tradición- foi martirizada pola súa fe entre o ano 180 e 230.

A Igrexa católica e a Ortodoxa conmemoran a súa morte o 22 de novembro.

Na Igrexa católica é patroa da música, dos poetas, dos cegos (como santa Lucía de Siracusa) e das cidades de Albi (Francia) , Omaha (estado de Nebraska, EE. UU.) e Mar da Prata (Arxentina).

Os seus atributos son o órgano, o laúde e as rosas.

En honra a ela, un importante movemento de renovación da música sacra católica de finais do século XIX recibiu o nome de cecilianismo.

Nestas datas en todos os pobos, vilas e cidades, celébranse concertos onde as bandas Municipais, Corais Polifónicas e outras agrupacións musicais, adquiren gran relevancia.
Se temos oportunidade temos que acudir a estes concertos.

20/9/11

25/8/11

20/5/11

Festa dos Maios no colexio

O Coro do Colexio participou na Festa dos Maios que celebramos o mércores 18 de maio.
Cantou tres cancións:


13/5/11

Actuacion no Conservatorio

O xoves, 12 de maio, actuamos no Conservatorio, tivemos moito público que nos aplaudiu moito e nos deron moito ánimo. Quedaron encantados coa nosa actuación e nós tamén porque cantamos e tocamos moi a gusto.
Tamén fumos noticia na Voz de Galicia.




5/5/11

Actuación do Coro

No mes de maio o Coro do Colexio  vai facer dúas actuacións:
  • O xoves, 12 de maio, ás 18:30 no Conservatorio de Música de Viveiro
  • O mércores, 18 de maio, no propio Centro, con motivo da celebración da Festa do Maio.


10/3/11

Tema da película "El rey león"

Can you feel the love tonight - Elton John

31/1/11

Celebramos o Día da Paz