19/5/10

Actuación especial do coro

O mércores, 26 de maio, o coro do colexio vai facer dúas actuacións:

Pola mañá tocará e cantará para todos os nenos e nenas do cole.
Pola tarde fará unha actuación especial para as familias como peche final da actividade extraescolar.
Tamén faremos a entrega de diplomas e unha festa de despedida, en especial para os alumnos de 6º curso que xa van camiño do IES María Sarmiento.