19/5/10

Actuación especial do coro

O mércores, 26 de maio, o coro do colexio vai facer dúas actuacións:

Pola mañá tocará e cantará para todos os nenos e nenas do cole.
Pola tarde fará unha actuación especial para as familias como peche final da actividade extraescolar.
Tamén faremos a entrega de diplomas e unha festa de despedida, en especial para os alumnos de 6º curso que xa van camiño do IES María Sarmiento.



Cantámoslle ao maio

O xoves, 13 de maio, celebramos a festa do maio no colexio. O coro cantou varias cancións e pasámolo estupendamente.

No blog de Actividades Complementarias podemos ver máis fotos e un vídeo.

3/5/10

Traballos e murais sobre Mozart

Os alumnos de 6º curso xa entregaron os seus murais e traballos sobre Mozart. Para a súa elaboración buscaron a información na páxina adicada a Mozart, primeiro traballamos nas clases de música e cidadanía e despois, individualmente nas súas casas, fixeron os murais.
Quedaron moi ben e aprenderon moito sobre a vida e obra de Mozart!!!


Traballos sobre Mozart