28/2/10

No 200 aniversario de Chopin

A nosa pequena homenaxe a este gran compositor neste enlace
 
Federico Chopin naceu o 1 de Marzo de 1810 na vila de Zalazowa Wola, cidade de Mazovia, en Polonia.  Comparouse  con Mozart logo de que á idade de 7 anos compuxese dúas pequenas polonesas para piano.
Entre os anos 1823 e 1826 Federico Chopin concorreu ao liceo musical de Warsaw onde o seu propio pai era un dos profesores. En 1822 culmina a súa formación de piano co profesor W. Zywny. Ese mesmo ano comeza a súa formación particular en composición con Josef Elsner. Chopin dedicaralle mais tarde a este mestre a súa Sonata para piano opus nº 4 e as variacións opus 2.
Entre os anos 1926 e 1929 presuponse que compón un cúmulo de danzas e variacións para piano. En 1826 compón a súa famosa Marcha Fúnebre opus 72 Nº 2. Entre os anos 1930 e 1931 compón, entre outras, as famosas mazurcas opus 6 e 7, os nocturnos do opus 9 ao 15 e os estudos para piano opus 10 números 5 e 6. Para esa época viaxa a París onde coñece a músicos e compositores moi destacados desa época.


Placa á entrada da iIgrexa  Santa Cruz de Varsovia,
onde descansa o corazón de Chopin

4/2/10

"Send It On" - TRANSMÍTEO- "Transmítelo"

Demi Lovato, Jonas Brothers, Miley Cyrus, Selena Gomez
cantan está preciosa canción...