30/1/10

Día Escolar da Paz e Non Violencia

Cantamos tod@s xunt@s para celebrar o Día da Paz.
Temos que felicitar aos alumn@s de 5º curso: Beatriz, Laura, Diana, Brais e David que fixeron as voces solistas na canción "Que canten os nen@s". Tamén ás alumnas de 6º curso: Raquel, Carla e Nerea que cantaron formidablemente a canción "Imagine" de John Lennon.
Foi unha celebración estupenda e con moita emoción.
A música énchenos de ganas por seguir traballando para conseguir un mundo no que a Paz sexa un valor a lograr cada día.

19/1/10

Para celebrar o Día da Paz.

O vindeiro venres, 29 de xaneiro, no colexio imos celebrar o Día da Paz e Non Violencia con moitas actividades.
Estes vídeos das cancións IMAGINE, de John Lennon e Que canten os nenos, de José Luis Perales, son algunhas delas. Esperamos que vos guste.


18/1/10

Xa comezamos o 2º trimestre!

Despois das vacacións de Nadal voltamos ás clases e tamén ás actividades extraescolares.
No coro do colexio estamos a preparar unhas cancións para cantar o Día da Paz e Non Violencia:
  • Que canten os nenos ( en galego)
  • No dudaría  (en castelán)
  • Imagine  (en inglés)
De momento estamos comezando pero seguro que o imos a facer moi ben!