21/11/09

Día 22 de novembro, Santa Cecilia, patrona dos músicos.



Cecilia de Roma, coñecida como santa Cecilia (en latín sancta Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo, que -segundo a tradición- foi martirizada pola súa fe entre o ano 180 e 230.

A Igrexa católica e a Ortodoxa conmemoran a súa morte o 22 de novembro.

Na Igrexa católica, é patroa da música, dos poetas, dos cegos (como santa Lucía de Siracusa) e das cidades de Albi (Francia) , Omaha (estado de Nebraska, EE. UU.) e Mar da Prata (Arxentina).

Os seus atributos son o órgano, o laúde e as rosas.

En honra a ela, un importante movemento de renovación da música sacra católica de finais do século XIX recibiu o nome de cecilianismo.

Nestas datas en todos os pobos, vilas e cidades, celébranse concertos onde as bandas Municipais, Corais Polifónicas e outras agrupacións musicais, adquiren gran relevancia.
Se temos oportunidade temos que acudir a estes concertos.

17/11/09

Cantamos e tocamos no Magosto

Despois dos ensaios veñen as actuacións , agora toca cantar no Magosto.
Primeiro degustamos as ricas castañas .
Tocamos coas frautas doces a Canción dos trovadores.
Despois cantamos unha canción fermosísima que compuxo Manuel Rodríguez, con letra de Xoán Neira, trátase da Canción de Outono.
Por último cantamos unha canción popular galega: Castañas no magosto, máis coñecida por Non chas quero.