19/5/09

Fin da actividade extraescolar de CORO

Despois da actuación final de curso no Conservatorio de Viveiro, os nenos e nenas do coro tivemos unha festa no colexio:
  • Primeiro vimos un vídeo coa nosa actuación.
  • A nosa profesora entregounos un diploma de participación.
  • Comimos, bebimos, cantamos, bailamos, xogamos e pasámolo moi ben!
  • O vindeiro curso volveremos a participar no coro e seguro que seremos moitos máis.
  • Un beso moi grande para os nen@s de 6º que xa marchan para o Instituto. Seguro que se han de acordar de nós.

16/5/09

Actuación do coro do colexio no Conservatorio.

O xoves, 14 de maio, actuamos no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Tocamos e cantamos o repertorio que estivemos preparando durante estes meses, na actividade extraescolar de Coro.
Recibimos moitos aplausos e felicitacións das nosas familias e dos profesor@s do Conservatorio. A nosa profesora Marta, tamén di que o fixemos estupendamente e que nos portamos como verdadeiros artistas.
No seguinte vídeo podemos ver parte da actuación.