29/4/09

XORNADAS CORAIS INFANTIS

O coro do Colexio está invitado a participar nas Xornadas que organiza o Conservatorio de Música de Viveiro.
Terá lugar o xoves, 14 de maio, ás 18:00 h.
Estades todos invitados a ver esta actuación que con tanto traballo e entusiasmo están a preparar todos os nenos e nenas que compoñen esta agrupación coral e instrumental.
O programa que farán e o seguinte:
XILÓFONOS.
6º curso: Chopstik
Variacións para xilos.
5º curso: Canon Pachelbel
Tema do Príncipe Igor
FRAUTAS E XILOS.
--La feria --El payaso
FRAUTAS.
--Melodía --Canon a 2 --Ocarina --O Son do Ar
CANTADAS.
--Populares Galegas
--Que canten os nenos
--Sueña (El jorobado de Notre Dame
)

27/4/09

Fotos de actuación en Panxoliñas

20082006
2002
2001
2000
1999

25/4/09

ACTUACIÓNS NO MES DE NADAL 2008

MARTES , 16 DE DECEMBRO DE 2008
ÁS 20:30 H. NA IGREXA DE SAN FRANCISCO (VIVEIRO)


Programa do
Colexio Lois Tobío :
Tres Cantigas de Santa María
Quen poidera namorala
Riu , riu , chiu
Pandeirada
Vinde velo Neno

Dirixe o coro Manuel Rodríguez González

Programa do Colexio de Vieiro :
Panxoliña : Unha pouca roupiña
Dirixen os mestres : Aurora e Luis


Programa do Colexio Pedrosa Latas de Celeiro :
A run run , meu neno
Adeste Fideles
Gloria in Excelsis Deo
Xuntos queremos cantar
Despedida de Ano Vello
As Campás do Nadal
Dirixe o coro : Marta Pérez Lage

Como remate do acto , cantamos todos xuntos : Abre as portas Xesús .


MÉRCORES, 17 DE DECEMBRO.
ÁS 17:30 H. CLUB DE XUBILADOS DE CAIXA GALICIA
DE VIVEIRO.

SÁBADO, 20 DECEMBRO
ÁS 20:30 H. IGREXA SANTIAGO APÓSTOL DE CELEIRO
.

AGRUPACIÓN CORAL E INSTRUMENTAL
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
CELERIO-VIVEIRO

ANTECEDENTES.-
Dende o ano 1998 logrouse formar unha pequena agrupación coral e instrumental para participar nas festividades que organiza o propio Centro, pero tamén son asiduos participantes en diferentes certames como os organizados pola Xunta de Galicia: Panxoliñas e outros Cantos de Nadal, Entre nós en galego, ou nas Xornadas de Corais Infantís que organiza o Conservatorio de Viveiro.
A Agrupación Instrumental e Coral do Ceip A. Pedrosa Latas está formado por nenos e nenas que cursan de 3º a 6º de primaria e que preparan o seu repertorio durante o tempo do recreo, un ou dous días á semana, sempre en vísperas dalgunha actuación.

NOVA PROPOSTA.-
Con motivo da implantación da xornada continuada no curso 2008-2009, o Centro, xunto con outras institucións, planificou unha serie de actividades extraescolares para tódolos días da semana e, entre elas, quere consolidar esta agrupación, polo que vemos necesario a elaboración dunha serie de normas para que, tanto os nenos/as e as familias, as teñan en conta e fagan así posible conquerir unha agrupación estable.

NORMAS.-
Poden formar parte desta agrupación alumnos/as do centro que cursen 3º, 4º, 5º e 6º curso.
Deben ter gusto pola música, que non sexa unha obligación asistir a esta actividade, que disfruten co que se vai a facer.
Unha vez que se comeza deben acudir con asiduidade, salvo falta xustificada por enfermidade…
Unha vez que se pertence a esta agrupación hai que repetar as normas de coidado do instrumental e tódolos materiais que se estean a utilizar, así coma respetar aos compañeiros/as e á profesora.
Asistir ás actuacións que se programen durante o curso, tanto no colexio coma en actividades extraescolares.
Ser consciente de que o incumprimento e falta de compromiso coa actividade pode repercutir no conxunto da agrupación. Hai que ser responsables.

HORARIOS.-
Os ensaios levaranse a cabo tódolos luns lectivos, distribuidos nos seguintes horarios:
5º e 6º curso: de 16:00 a 17:00 horas
3º e 4º curso: de 16:30 a 17:30 horas
O horario dividirase en tres fases:
30 minutos de clase individual con 5º e 6º.
30 minutos de ensaio conxunto: 3º, 4º, 5º e 6º.
30 minutos de clase individual con 3º e 4º.