13/6/23

DESPEDIDA DA MESTRA DE MÚSICA MARTA PÉREZ LAGE

Na tarde do sábado, 10 de xuño de 2023, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, realizamos un gran Festival Musical con todo o alumnado do colexio, con motivo da despedida das nenas e nenos de 6º de Primaria, pois marchan xa para o Instituto, e tamén a despedida da mestra de Música, Marta Pérez.

Foi unha tarde moi emotiva!. Cantamos e tocamos cancións que preparamos ao longo do curso na aula de Música.

Como mestra de todas estas nenas e nenos quero felicitalos pois traballaron moito e fixéronno moi ben!

 Con esta última entrada, este blog queda clausurado dado que deixo de exercer como mestra por motivo da miña xubilación.



 

29/3/23

ACTUACIÓN NO CONSERVATORIO DE MÚSICA DE VIVEIRO


 O martes, 28 de marzo, o Coro do CEIP de CELEIRO participou nas Xornadas Corais Infantís que organizou o Conservatorio de Música de Viveiro.
O coro estivo formado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria que cantaron o seguinte repertorio:
  • AKAIHANA
  • POUPURRI DISNEY
  • POUPURRI MARIÑEIRO
  • SIMAMAKA
  • BONSE ABA
  • VOIS SUR TON CHEMIN
  • PASENIÑO, PASENIÑO 
  • TECÍN SOIA A MIÑA TEA
Son cancións que prepararon na aula de Educación Musical para cantar nas celebracións do colexio e que interpretaron no conservatorio con moito éxito. Foron moi aplaudidos por todos os asistenten ao concerto e eles pasáronno moi ben!!!
Temos que agradecer ao Conservatorio a súa invitación e especialmente queremos darlle as gracias a Gonzalo Smaniotto que nos acompañou magníficamente ao piano nas dúas últimas cancións dedicadas a Rosalía de Castro.


27/12/22

RESUMO DO FESTIVAL DE NADAL

 Hoxe deixo dous vídeos do Festival que realizamos o último día antes das vacacións, para que o podades disfrutar neste tempo de lecer.


 

23/12/22

FESTA DE NADAL

E chegamos ao último día do trimestre, un día moi esperado pois estivemos preparando o gran festival de Nadal:

  • Cada titoría preparou un conto, unhas cancións, bailes... para presentar no festival.
  • Este ano o alumnado de 6º curso, xunto coa súa titora Miriam, levou a cabo toda a organización do mesmo: dirección, atrezo, son, gravación, escenografía; encargados do telón, da taquilla, acomodadores... é dicir todos os cometidos necesarios para que todo estivese en perfecta coordinación. Fixéronno moi ben e resultou un festival moi entretido no que todas e todos pasámolo estupendamente!
  • Tamén fixemos a entrega de premios do concurso de decoración de portas. Os gañadores foron as nenas e nenos de 1º de Primaria da mestra Laura. Noraboa polo traballo ben feito!
  • No Instagram do colexio podedes ver anacos das diferentes actuacións




15/12/22

XA CHEGOU O NADAL AO COLEXIO!

Xa estamos rematando o 1º trimestre e no colexio comezamos cos preparativos e actividades de NADAL.

Rematamos a decoración das portas das aulas e coas imaxes fixemos o seguinte vídeo, a modo de  POSTAL de NADAL, para felicitar e  desexar a toda a comunidade educativa un BO NADAL e FELIZ ANINOVO.


 Participamos no Mercadillo Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI  elaborando manualidades e cantando para os residentes e visitantes. Deixamos aquí uns  anacos  da actuación.


 

 

5/12/22

A PORTA VIOLETA de Rozalén

 CANCIÓN PREPARADA  NAS  AULAS DE EDUCACIÓN FÍSICA E EDUCACIÓN MUSICAL.



28/11/22

CONCERTO SOLIDARIO EN LANDROVE

O sábado, 26 de novembro, as nenas e nenos do colexio, xunto coa súa mestra Marta, participaron no Concerto Solidario que organizou a "Asociación Pequenos pasos de Landrove ". 
 No mesmo actuaron varios coros e a recadación será doada á investgación contra o cancro. 
 No seguinte vídeo podemos escoitar a actuación das nenas e nenos do colexio. 
 Noraboa a tod@s pois fixéronno moi ben!



11/11/22

CANTAMOS NO OUTONO E NO MAGOSTO

 Nesta entrada recollemos os vídeos realizados para presentar os traballos de outono e a celebración do Magosto, pois levan música cantada polo alumnado do colexio e que prepararon na aula de música.





21/10/22

CANCIÓN PARA O SAMAÍN

 


PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO CANTADO  POLO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA



4/10/22

CANCIÓNS PARA O OUTONO


AUDIOS


VÍDEO CANTADO POLO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA


15/9/22

CANCIÓNS PARA COMEZAR O COLE

 COMEZA A ESCOLA

 
 
 POUPURRI DISNEY